Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal que celebraremos todo xuntos o xoves, 21 de decembro; estará cheo de panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do alumnado de 6º de Infantil.
E como se pode observar no seguinte vídeo todo o colexio ten ambiente do Nadal:
- Belén realizado a partir dos envases dos iogures bebibles e decorados con moita imaxinación polas familias. Noraboa polo voso traballo!
- Tarxetas postais
- Estrelas de Nadal
- Bolas decorativas realizadas polo alumnado de 1º e 2º curso
- Rincón dos libros sobre o Nadal
- Música de panxoliñas cantadas polas nenas e nenos do colexio de diferentes promocións