Vistas de página en total

26 nov 2014

Convocatoria do Certame de Postais e Poesía



CERTAME DE POSTAIS E POESÍA
     NADAL 2014 
Con motivo das festas do Nadal a ANPA do
CEIP “Antonio Pedrosa Latas”


CONVOCA os concursos de:

POSTAIS para  Infantil - Primaria
POESÍA para o 2º e 3º Ciclo de Primaria.


BASES

1ª)       Para o Concurso de postais:
as técnicas e materiais de traballo a empregar son libres.

          Para o Concurso de poesía:
Tamén queda a libre elección dos alumnos/as.

2ª)       Cada traballo ASINARASE cun pseudónimo pola parte traseira, indicando tamén o curso a que pertence e será entregado ao seu titor/a antes do venres, 12 de decembro.

3ª)       Outorgarase un premio por curso para cada unha das especialidades.

4ª)       Os traballos premiados exporanse na Na Igrexa de Celeiro

Os premios entregaranse no acto que se celebrará o domingo, 21 de decembro, despois da misa de 12:00, onde tamén actuará a Agrupación Instrumental e Coral do Colexio.