Vistas de página en total

30 dic 2015

Actuación do Coro do Colexio

O Coro do Colexio foi convidado a participar no Concerto de Fin de Ano da Banda Municipal de Música de Viveiro.
O mesmo tivo lugar no Teatro Pastor Díaz na noite do 30 de decembro.
Cantamos Adeste Fideles, Noite de Paz e Feliz Navidad.

18 dic 2015

FESTIVAL DE NADAL 2015

E como todos os anos, o último día facemos un gran FESTIVAL DE NADAL, onde participamos todos os nenos e nenas e tamén os profesores e profesoras.
Estos son os vídeos onde podemos ver as nosas actuacións:

AMBIENTAMOS O NOSO COLE

Así quedou de ben o noso cole despois de adornalo e ambientalo con motivos do NADAL.

A falicitación do Nadal

Esta foi a tarxeta elixida para felicitar o Nadal aos nosos colaboradores e institucións do noso Concello.
Foi realizada por Daniel López Navas de 2º curso.

17 dic 2015

TEATRO NO NADAL

 O Obradoiro de Teatro, que dirixe o profesor Vicente Míguez, puxo en escea, na mañá do xoves, 18 de decembro, as seguintes actuacións:
  • "Refuxiados necesitan un lugar no corazón"
  • "Un conto de Nadal", unha adaptación da obra de Charles Dickens.

14 dic 2015

Ambientando o Nadal

Nestas datas os nenos e nenas de Infantil preparan con moita ilusión os adornos propios do Nadal.
Este ano, nas clases, fixeron boliñas e manualidades para adornar a súa árbore de Nadal; axudados polas familias decoraron unha gran bola de cristal; tamén fixeron unhas bonitas tarxetas para felicitar o Nadal.
A música que acompaña ao vídeo é a panxoliña que cantarán no Festival do venres, 18 de decembro.


4 dic 2015

Concurso de Poesías de Nadal

Dende a Biblioteca do noso centro poñemos en coñecemento das familias a convocatoria do
  •  Certame de Poesía Infantil "Nadal 2015", convocado pola biblioteca Municipal de Viveiro