Vistas de página en total

21 dic 2014

Acto de Nadal: Entrega de Premios e Actuación do Coro do colexio

Hoxe foi un gran día!!!.
O Coro do Colexio actuou na Igrexa de Celeiro para todas as familias dos nenos e nenas que participan este curso no Coro.
Foi unha actuación estupenda pois tocamos e cantamos as Panxoliñas que preparamos neste 1º trimestre. Recibimos moitos aplausos e dixéronnos que lles gustou moito o noso repertorio de Nadal.
Podemos ver o vídeo que recolle a actuación.




Neste acto tamén contamos coa entrega dos premios do Concurso de Postais e Poesías que convocou a ANPA do colexio.


19 dic 2014

E por fin, chegou o gran día!

O venres, 19 de decembro, como é o último día de clase e chegan as vacacións de NADAL, que todos e todas desexamos...
Fixemos un gran FESTIVAL e chegaou PAPÁ NOEL ás aulas do noso colexio.
Podemos ver os vídeos das diferentes actuacións, dende Infantil ata os máis veteranos do cole...
Os nenos e nenas de 6º de Infantil, xunto coa súa profesora Ana, prepararon unha pequena dramatización e fixéronno moi ben!!!, despois cantaron todos xuntos a Panxoliña TAN TARAN TAN.

INFANTIL


1º e 2º CURSO


3º e 4º CURSO


5º e 6º CURSO PROFESORADO DO CENTRO

  

FOTOS DO FESTIVAL E CHEGADA DE PAPA NOEL

15 dic 2014

O colexio polo NADAL

Neste vídeo podemos ver os traballos de ambientación e decoración de todo o colexio (Infantil e Primaria).
  • Belén de Infantil
  • Belén de Primaria
  • Acibro de Infantil
  • Ambientación das aulas e corredores
  • Postais e Poesías do concurso da ANPA
  • Postais para felicitar aos nosos colaboradores
Ademáis podemos escoitar ao Coro do Colexio dos anos
  • 1998 cantando TAN, TARAN, TAN
  • 2008 cantando XUNTOS QUEREMOS CANTAR

Premios no Concurso de Postais e Poesía

A ANPA do colexio xa fallou os premios dos Concursos de Postais e Poesías NADAL 2014.
O domingo, 21 de decembro, será a entrega de premios na Igrexa de Celeiro a partir das 12:30 horas.
Noraboa! a todos os premiados e un gran "aplauso" para todos os nenas e nenas que participaron pois fixéronno moi ben, a pena e que só houbese un premio por aula.

Aquí está o listado de todos os premiados


12 dic 2014

Vídeo dos traballos de INFANTIL

Todos os nosos traballos para ambientar o NADAL están neste pequeno vídeo resumen 

11 dic 2014

INFANTIL traballando para o NADAL

Os nenos e nena de Infantil, xunto coas súas profesoras Maricarmen, Inés, Ana, Cristina e Elisa, están traballando para ambientar e decorar as aulas e corredores do colexio con elementos propios do NADAL.
  • Decoración das portas das aulas, postais, carpeta para levar os traballos ás casas, Belén...

10 dic 2014

Traballos en familia

Os nenos e nenas de Infantil levaron para as súas casas unha folliña de acivro para decorala xunto coas súas familias. 
Este traballo, despois de expoñelo no Centro, enviaremolo a MENIÑOS, coma en anos anteriores.
Son traballos ben bonitos!!!

Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia.

5 dic 2014

Actuación do coro no Nadal

O coro do colexio vai actuar o domingo, 21 de decembro, na Igrexa de Celeiro, a partir das 12:30 horas.



2 dic 2014

Preparando as actividades para o Festival de Nadal

Como todos os anos, o último día do cole deste trimestre (venres, 19 de decembro), faremos un festival no que imos participar todos os cursos.
Os nenos e nenas de 6º Infantil fan facer unha dramatización que rematará cantando  todos xuntos a panxoliña: TAN TARAN TAN.