Hoxe deixamos dous vídeos do Festival que realizamos o último día antes das vacacións, para que o podades disfrutar, xunto con boas lecturas, neste tempo de lecer.
Blog do NADAL
ACTIVIDADES DE NADAL CEIP de CELEIRO. Celeiro-Viveiro LUGO
Actuación do Coro por cursos
Vistas de página en total
27 dic 2022
23 dic 2022
FESTA DE NADAL
E chegamos ao último día do trimestre, un día moi esperado pois estivemos preparando o gran festival de Nadal:
- Cada titoría preparou un conto, unhas cancións, bailes... para presentar no festival.
- Este ano o alumnado de 6º curso, xunto coa súa titora Miriam, levou a cabo toda a organización do mesmo: dirección, atrezo, son, gravación, escenografía; encargados do telón, da taquilla, acomodadores... é dicir todos os cometidos necesarios para que todo estivese en perfecta coordinación. Fixéronno moi ben e resultou un festival moi entretido no que todas e todos pasámolo estupendamente!
- Tamén fixemos a entrega de premios do concurso de decoración de portas. Os gañadores foron as nenas e nenos de 1º de Primaria da mestra Laura. Noraboa polo traballo ben feito!
- No Instagram do colexio podedes ver anacos das diferentes actuacións
Deixamos uns vídeos gravados antes do festival:
- A dramatización do conto "Sopa verde" realizado na aula de 6º de Infantil do mestre Daniel.
- A
canción "Rudolph" preparada polo alumnado de 6º de Primaria nas
especialidades de Educación Física, Educación Musical e Lingua Inglesa.
21 dic 2022
CHEGOU O APALPADOR E ACTUACIÓN DE PAKOLAS
As actividades que presentamos a continuación foron patrocinadas
pola ANPA do colexio.
MOITAS GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN
Na mañá do martes, 20 de decembro, chegou O Apalpador ao noso colexio e veu cargadiño de agasallos para todas as aulas de Infantil, Primaria e Especialidades.
No seguinte vídeo podemos ver o seu paso.
Premede na imaxe:
Tamén poidemos participar no concerto que nos deu PAKOLAS. Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben.
No seguinte vídeo podemos ver un pequenos resumo da súa actuación.
Premede na imaxe:
15 dic 2022
XA CHEGOU O NADAL AO COLEXIO!
Xa estamos rematando o 1º trimestre e no colexio comezamos cos preparativos e actividades de NADAL.
Rematamos a decoración das portas das aulas e coas imaxes fixemos o seguinte vídeo, a modo de POSTAL de NADAL, para felicitar e desexar a toda a comunidade educativa un BO NADAL e FELIZ ANINOVO.
Participamos no Mercadillo Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI elaborando manualidades e cantando para os residentes e visitantes. Deixamos aquí uns anacos da actuación.
14 dic 2022
XORNADA DE CONVIVENCIA
Hoxe estiveron no colexio os usuarios da Residencia DOMUS VI de Viveiro para contar, ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, o conto: A CASTAÑA MÁXICA.
Foi unha xornada de convivencia moi especial e dámoslles as gracias pola súa visita.
Mañá farán un Mercadillo Solidario na propia Residencia e o alumnado de 5º e 6º de Primaria cantarán para os usuarios e para os visitantes. Tamén participamos realizando manualidades para vender no Mercadillo Solidario.
9 dic 2022
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL
Agora que se achegan as datas do Nadal e os nenos e nenas terán que escribir as súas cartas para Papá Noél e SS.MM. Os Reis Magos, é un bo momento para incluír un libro nas peticións. Desde este blogue poderedes atopar recomendacións para axudar a realizar as súas misivas.
21 dic 2021
BO NADAL E FELIZ ANINOVO
Chega o tempo de descansar e estar en familia.
20 dic 2021
TODO O QUE FIXEMOS NESTE NADAL
Na seguinte presentación podemos ver todos os vídeos cos traballos realizados polo alumnado para ambientar o Nadal; as panxoliñas cantadas e bailadas e a dramatización do alumnado de 6º de Infantil "Cando os Grinch roubaron o Nadal".
19 dic 2021
POSTAIS E AGASALLOS
Nestas datas estamos a recibir varios agasallos e destacamos os recibidos polo centro de Alzheimer de Celeiro.
Os nenos de 3º e 4º de Ed. Primaria levaron a cabo un intercambio de postais e eles recibiron unha fermosa estrela realizada polos usuarios do Centro de Día.
17 dic 2021
12 dic 2021
TEATRO POLO NADAL invitados pola ANPA do colexio
Na mañá do venres, 10 de decembro, todo o colexio acudiu ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver o espectáculo da compañía MOC MOC, invitados pola ANPA do cole.
A actuación fíxonos reflexionar sobre a cantidade de agasallos que soemos pedir polo Nadal e que compartir é moito mellor.
Despois do teatro fumos visitar o gran Belén e fixemos un percorrido polas rúas de Viveiro, aproveitando un pouco de bo tempo.
Pasámolo moi ben!
Dámoslles as grazas a ANPA por ofrecernos este agasallo tan especial.
26 nov 2021
COMEZA O NADAL 2021
Na seguinte presentación podemos escoitar as panxoliñas que prepararemos para este Nadal 2021
PREME NA IMAXE
21 dic 2020
FESTIVAL VIRTUAL DO NADAL 2020
AMBIENTAMOS O NOSO COLEXIO
PRESENTACIÓN A TRAVÉS DA RADIO NA BIBLIO
DRAMATIZACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
"CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS"
CONTOS E CANTOS DE NADAL
PANXOLIÑAS E OUTROS CANTOS DE NADAL
CHEGOU O APALPADOR
14 dic 2020
Preparando as actuacións para este Nadal 2020
Comezamos unha semana con moitos preparativos para este Nadal 2020 tan atípico e diferente.
- Estamos a ambientar o cole con moitos traballos realizados polo noso alumnado (seguindo todos os protocolos)
- Este ano o FESTIVAL DE NADAL será virtual polo que dedicaremos toda esta semana a realizar as diferentes gravacións que poderedes disfrutar o último día antes das vacacións:
- CONTOS E CANTOS de Nadal...
- PANXOLIÑAS con moitos bailes...
- E a visita do noso APALPADOR...
- Como ven sendo habitual, todas as actividades tamén poderedes seguilas a través dos diferentes blogues do colexio.
11 dic 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Agora que se achegan as datas do Nadal e os nenos e nenas terán que escribir as súas cartas para Papá Noél e SS.MM. Os Reis Magos, é un bo momento para incluír un libro nas peticións. Desde este blogue poderedes atopar recomendacións para axudar a realizar as súas misivas.