Vistas de página en total

20 dic 2019

Rematamos o 1º trimestre

Como pasa o tempo! parece que comezamos onte este novo curso e xa rematamos o 1º trimestre!...

Por iso para este último día preparamos actividades especiais como o xa tradicional Festival de Nadal, no que todos os cursos participamos cantando panxoliñas e outros cantos de Nadal. Ademáis as nenas e nenos de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Maricarmen Lázaro, crearon un conto titulado "NADAL COMPARTIDO" que nos fixo reflexionar.

 
Tamén tivemos a visita do APALPADOR que deixou un regalo en cada aula para compartir entre todos.

Para rematar a mañá tivemos sesión de cine, o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso nas diferentes aulas; o alumnado de 3º a 6º curso foron ata CINES VIVEIRO onde poideron disfrutar da película "LA BICICLETA VERDE". Esta actividade forma parte do Programa de Igualdade subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade

VÍDEOS DO FESTIVAL:







19 dic 2019

Actuación no Mercado Solidario

Outro ano máis que fomos invitados a cantar no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de VIVEIRO.
O coro cantou para os residentes, para as familias e visitantes en xeral e foron moi aplaudidos.
Neste trimestre xa fixemos tres actuacións e mañá cantaremos todos os cursos no FESTIVAL DE NADAL que realizamos cada ano para rematar o 1º trimestre.

No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:


18 dic 2019

Antón e o Apalpador

Hoxe estiveron no colexio os usuarios da Residencia  DOMUS VI de Viveiro para contarnos o conto de: ANTÓN E O APALPADOR.
Pasámolo estupendamente pois ademais regaláronnos as figuriñas coas que lles axudamos a contar o conto: estrelas, árbores, animais, carbón, a ra...

Mañá farán un Mercadillo Solidario na propia Residencia e tocaranos a nós facerlles unha visita; ademais o coro do colexio cantará panxoliñas a partir das 17:30 horas, para todos os usuarios e para os visitantes.

MOITAS GRACIAS POLA VOSA VISITA!!!


13 dic 2019

Ambientamos o Nadal 2019

Estase achegando o Nadal e como todos os anos preparamos traballos especiais para ambientar o cole:
  • Na zona de Infantil fixeron un poboado de inverno con figuriñas de plastilina e decoraron dúas árbores con figuriñas feitas con elementos de refugallo, plásticos...
  • Na zona de Primaria tamén decoraron dúas árbores cos obxectos que realizaron en familia con elementos de refugallo.
  • Realizaron tarxetas  ou postais de Nadal e que temos expostas ao longo da escaleira principal.
  • No recuncho expositor temos outra árbore con versos das panxoliñas que cantamos este curso acompañando aos libros que aconsellamos para este tempo de Nadal.
  • Tamén estamos preparando as actuacións para o Festival que faremos o venres 20 de decembro.

12 dic 2019

Imos participar no MERCADO SOLIDARIO

O noso colexio participa cantando co coro formado por 50 nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Primaria.
A actuación será o xoves 19 de decembro, ás 17:30 horas e a entrada é libre.

8 dic 2019

Preparando o Festival de Nadal no colexio

Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal que celebraremos todo xuntos o venres, 20 de decembro; estará cheo de panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do alumnado de 6º de Infantil.

6 dic 2019

Na inauguración do Belén: Viveiro ante o Berce

O Coro do Colexio foi convidado a actuar na inauguración do Belén: Viveiro ante o Berce.
Formaron o coro nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria.
Para esta actuación prepararon unhas panxoliñas tradicionais e outra de estilo máis moderno.
Pasaron unha tarde estupenda e foron moi aplaudidos. Ao finalizar poideron degustar un bo chocolate con churros.
Dende o colexio agradecemos ao Concello de Viveiro e en especial a Lara Fernández, concelleira de Cultura, a invitación para participar neste acto tan popular no Nadal de Viveiro.

1 dic 2019

PANXOLIÑAS PARA O NADAL 2019

CLICA NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DAS CANCIÓNS E 
PANXOLIÑAS PARA ESTE NADAL 
 
https://sites.google.com/site/nadal2015pedrosalatas/nadal-2019