Vistas de página en total

20 dic 2013

Boas vacacións e Felices Festas!



Rematamos as clases do 1º trimestre e chegan as vacacións do Nadal, agora toca descansar para vir con novas forzas para seguir traballando moito.

Non vos olvidedes de visitar os blogs do colexio onde poderedes ver todo o que fixemos.
Aquí vos deixamos os  vídeos coas fotos e actuacións do Festival de Nadal e a chegada de Papá Noel.






18 dic 2013

Actuacións do Coro

Pequeno vídeo, con algunhas das cancións tocadas e cantadas no ACTO DE NADAL do día 16 de decembro, na Casa do Forno.





Vídeo da actuación na Igrexa de Celeiro, o día 29 de decembro de 2013, "Día da Familia"


17 dic 2013

Acto de Nadal na Casa do Forno

O luns, 16 de decembro, celebramos o Acto de Nadal coma todos os anos.
A ANPA do colexio fixo a entrega dos premios de Postais e Poesías do Nadal. Os premiados foron os seguintes:
4º Infantil, Nicholas Gibson Tostón.
5º Infantil, Noa Fernández Abad.
6º Infantil, Mar Vale López.
1º Primaria, Martina Gil Alfaro.
2º Primaria, Luis Fernández Lázaro.
3º Primaria, Nerea Salgueiro Rapa.
4º Primaria, Miriam Orbe Díaz (Postal) e Alba Rouco Iglesias (Poesía).
5º Primaria, Álvaro Fernández Lázaro (Postal) e Lia Sui Balseiro Otero (Poesía).
6º Primaria, Icía Míguez  Infante (Postal) e Iria Basanta Abella (Poesía).

Noraboa a todos os participante e en especial aos gañadores. O esforzo sempre ten recompensa!

No acto tamén actuou o Coro do Colexio.
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe fotográfica.

16 dic 2013

Ambientamos o Nadal

 No noso colexio as clases e corredores van transformándose cos traballos do Nadal.


2 dic 2013

Panxoliña de Infantil

Os nenos e nenas de Infantil este Nadal imos aprender esta bonita Panxoliña que nos fala dos reis magos, da estrela de oriente e dos camelos.




O coro do colexio

O coro do colexio está a preparar as actuacións para este Nadal.

1 dic 2013

Convocatoria de Concursos


CERTAME DE POSTAIS E POESÍA
     NADAL 2013 
Con motivo das festas do Nadal a ANPA do CEIP “Antonio Pedrosa Latas”
CONVOCA os concursos de:
l  POSTAIS para  Infantil - Primaria 
l  POESÍA para o 2º e 3º Ciclo de Primaria.
BASES
1ª)       Para o Concurso de postais:
as técnicas e materiais de traballo a empregar son libres.
          Para o Concurso de poesía:
Tamén queda a libre elección dos alumnos/as.
2ª)       Cada traballo FIRMARASE cun pseudónimo pola parte traseira, indicando tamén o curso a que pertence e será entregado ao seu titor/a antes do xoves, 12 de decembro.
3ª)       Outorgarase un premio por curso para cada unha das especialidades.
4ª)       Todos os  traballos serán expostos na Casa do Forno de Celeiro. Os premios entregaranse no acto que se celebrará o luns, 16 de decembro, ás 19:00 horas, onde tamén actuará a Agrupación Instrumental e Coral do Colexio.