Vistas de página en total

20 dic 2012

Os tres Reis Malos

O xoves, 20 de decembro, os alumnos e alumnas que participan no Obradoiro de Teatro, puxeron en escea a obra que estiveron preparando este trimestre:

"Os tres reis malos" de Vicente Míguez. Fixéronno estupendamente  e divertímonos un montón! pero o máis importante...aprendimos que  AMOR, PAZ E XUSTIZA, forman parte das nosas vidas.

Ambientamos o Nadal

E, coma todos os anos, cando chega o Nadal...o trineo de Papa Noel, a árbore, o Belén e demáis actividades forman parte da ambientación navideña 




14 dic 2012

As nosas postais de Nadal

Exposición de postais de Nadal feitas polos alumnos nas clases.

 

12 dic 2012

Preparando o Festival de Nadal na Casa do Forno

No colexio estamos a preparar un Festival de Nadal para actuar na CASA DO FORNO. Nas seguintes presentacións podemos ver o cartel e máis o programa de man.


3 dic 2012

Poesías para o Nadal

CERTAME DE POSTAIS E POESÍA
NADAL 2012

Con motivo das festas do Nadal a
ANPA do CEIP “Antonio Pedrosa Latas”

CONVOCA os concursos de:
  • POSTAIS para Infantil - Primaria
  • POESÍA para o 2º e 3º Ciclo de Primaria.
BASES
1ª) Para o Concurso de postais:
as técnicas e materiais de traballo a empregar son libres.
Para o Concurso de poesía:
Tamén queda a libre elección dos alumnos/as.
2ª) Cada traballo FIRMARASE cun pseudónimo pola parte traseira, indicando tamén o curso a que pertence e será entregado na Secretaría do Centro antes do venres, 14 de decembro.
3ª) Outorgarase un premio por curso para cada unha das especialidades.
4ª) Todos os traballos serán expostos na Casa do Forno de Celeiro. Os premios entregaranse no acto que se celebrará o xoves, 20 de decembro onde tamén actuarán a Agrupación Instrumental e o grupo de Teatro do Colexio


2 dic 2012

Un libro de MAMÁ CABRA

Acaba de chegar á Biliosoños un libro da Editorial Galaxia que leva por título:

Inclúe CD
Premio Neira Vilas ao Libro Infantil 2011, concedido pola Asociación Galega de Editores

Panxoliñas para o Nadal


1 dic 2012