Vistas de página en total

21 dic 2011

Festa de nadal no noso colexio.

 Como hoxe remata o 1º trimestre, no cole preparamos unhas actividades moi especiais:
  • Primeiro, coma todos os anos faremos un festival onde participamos todos os cursos
    • Infantil vai cantar unha panxoliña: Hoxe é Nadal!.
    • Primeiro curso fará Teatro de sombras con un conto sobre a Árbore de Nadal.
    • Segundo curso recitará panxoliñas da tradición da lingua portuguesa.
    • Terceiro curso pedirán desexos  co canto da Lotería.
    • Cuarto curso recitarán refráns sobre o tempo de inverno.
    • Quinto curso farán unha dramatización sobre unha árbore moi especial.
    • Sexto curso poñerán en escea o conto sobre A árbore de Nadal e tamén cantarán en inglés OS DOCE DÍAS DE NADAL.
    • A continuación os profesores e profesoras tamén van a facer unha actuación moi especial adicada a todos os Nenos e Nenas.
  • Despois do recreo teremos SESIÓN DE CINE, os alumnos de primaria no Salón de Actos e os de infantil na Biblioteca.
     Esto foi o que fixeron os nenos e nenas de INFANTIL
    • Primeiro fumos ao Salón de Actos onde cantamos a panxoliña HOXE É NADAL!. Fixémolo moi ben!
    • Despois do recreo tivemos Sesión de Cine na Biblioteca. As nosas profesoras repartíronnos gusanitos e "cocaloca" sen cafeína .
    • A película que vimos foi "Navidad mágica con Mickey Mouse".
    • Ao rematar fumos para as nosas clases onde nos despedimos das nosas profesoras e nos desexaron unhas FELICES VACACIÓN DE NADAL!!!





    11 dic 2011