Vistas de página en total

21 dic 2009

Festa de Nadal




O martes, 22 de decembro rematan as clases do 1º trimestre, para este día temos preparadas unhas actividades especiais:






  • Actuacións de todos os nenos e nenas, dende Infantil ata 6º de Primaria.
  • Actuación do Obradoiro de Teatro coa posta en escea do conto de Charles Dickens: CONTO DE NADAL .

  • Actuación do Coro do colexio: Noite de Paz e Abre as portas, Xesús.

  • Visita de Papá Noel que deixará un agasallo para cada neno e nena.

  • Comida especial no comedor escolar para todos os nen@s. Invitación especial da ANPA.
    Ás 14:00 horas rematamos as actividades e marcharemos todos para as nosas casas. Tampouco haberá actividades extraescolares
FELICES VACACIÓNS

18 dic 2009

Panxoliñas e outros Cantos de Nadal

O xoves, 17 de decembro do 2009, na Igrexa de San Francisco, xuntámonos (xa van 12 anos)os coros dos colexios: Lois Tobío de Viveiro, Escola de Vieiro e o Pedrosa Latas de Celeiro, para cantar as panxoliñas do Nadal.

O sábado, 19 de decembro, na Igrexa de Celeiro, tivo lugar por 2º ano, o ACTO DE NADAL, onde a ANPA do colexio fixo entrega dos premios de Postais e Poesías de Nadal.
Tamén actuou o coro do colexio.
Podemos ver algúns vídeos.

10 dic 2009

Cantas árbores de Nadal

Árbores de Nadal traballadas polos nen@s de infantil, xunto coas súas familias. Quedaron ben bonitas!


Os nosos particulares PORTAIS DE BELEN

O Portal de Belén da zona de Infantil,
feito con materiais de refugallo.

O recanto da árbore dos desexos






9 dic 2009

Concurso de Postais e Poesías convocados pola ANPA





PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS E POESÍAS: NADAL 09




1 dic 2009

Historia de PAPA NOEL.

Dende a Bibliosoños, para este Nadal, imos a elaborar un libro sobre a Historia de Papá Noel. Lede con atención e participade coas actividades que vos propoñemos.