Vídeo-Postal de Nadal para conmemorar o día Internacional das persoas con discapacidade
Actuación do Coro por cursos
Vistas de página en total
6 dic 2020
30 nov 2020
20 dic 2019
Rematamos o 1º trimestre
Como pasa o tempo! parece que comezamos onte este novo curso e xa rematamos o 1º trimestre!...
Por iso para este último día preparamos actividades especiais como o xa tradicional Festival de Nadal, no que todos os cursos participamos cantando panxoliñas e outros cantos de Nadal. Ademáis as nenas e nenos de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Maricarmen Lázaro, crearon un conto titulado "NADAL COMPARTIDO" que nos fixo reflexionar.
Tamén tivemos a visita do APALPADOR que deixou un regalo en cada aula para compartir entre todos.

VÍDEOS DO FESTIVAL:
19 dic 2019
Actuación no Mercado Solidario
Outro ano máis que fomos invitados a cantar no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de VIVEIRO.
O coro cantou para os residentes, para as familias e visitantes en xeral e foron moi aplaudidos.
Neste trimestre xa fixemos tres actuacións e mañá cantaremos todos os cursos no FESTIVAL DE NADAL que realizamos cada ano para rematar o 1º trimestre.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:
18 dic 2019
Antón e o Apalpador
Hoxe estiveron no colexio os usuarios da Residencia DOMUS VI de Viveiro para contarnos o conto de: ANTÓN E O APALPADOR.
Pasámolo estupendamente pois ademais regaláronnos as figuriñas coas que lles axudamos a contar o conto: estrelas, árbores, animais, carbón, a ra...
Mañá farán un Mercadillo Solidario na propia Residencia e tocaranos a nós facerlles unha visita; ademais o coro do colexio cantará panxoliñas a partir das 17:30 horas, para todos os usuarios e para os visitantes.
MOITAS GRACIAS POLA VOSA VISITA!!!
13 dic 2019
Ambientamos o Nadal 2019
Estase achegando o Nadal e como todos os anos preparamos traballos especiais para ambientar o cole:
- Na zona de Infantil fixeron un poboado de inverno con figuriñas de plastilina e decoraron dúas árbores con figuriñas feitas con elementos de refugallo, plásticos...
- Na zona de Primaria tamén decoraron dúas árbores cos obxectos que realizaron en familia con elementos de refugallo.
- Realizaron tarxetas ou postais de Nadal e que temos expostas ao longo da escaleira principal.
- No recuncho expositor temos outra árbore con versos das panxoliñas que cantamos este curso acompañando aos libros que aconsellamos para este tempo de Nadal.
- Tamén estamos preparando as actuacións para o Festival que faremos o venres 20 de decembro.
12 dic 2019
Imos participar no MERCADO SOLIDARIO
O noso colexio participa cantando co coro formado por 50 nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Primaria.
A actuación será o xoves 19 de decembro, ás 17:30 horas e a entrada é libre.
8 dic 2019
Preparando o Festival de Nadal no colexio
Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal
que celebraremos todo xuntos o venres, 20 de decembro; estará cheo de
panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do
alumnado de 6º de Infantil.
6 dic 2019
Na inauguración do Belén: Viveiro ante o Berce
O Coro do Colexio foi convidado a actuar na inauguración do Belén: Viveiro ante o Berce.
Formaron o coro nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria.
Para esta actuación prepararon unhas panxoliñas tradicionais e outra de estilo máis moderno.
Pasaron unha tarde estupenda e foron moi aplaudidos. Ao finalizar poideron degustar un bo chocolate con churros.
Dende o colexio agradecemos ao Concello de Viveiro e en especial a Lara Fernández, concelleira de Cultura, a invitación para participar neste acto tan popular no Nadal de Viveiro.
1 dic 2019
21 dic 2018
FESTIVAL DE NADAL E VISITA DO APALPADOR
E xa chegamos ao final do 1º trimestre, todo estaba preparado para o gran día!.
O alumnado de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Cristina Freán, prepararon unha dramatización moi especial do conto "O Apalpador e o arco da vella".
Tamén cantamos as panxoliñas que preparamos para este Nadal.
Tivemos
a visita especial do noso particular Apalpador e por último
disfrutamos dunha pequena sesión de cine nas diferentes aulas. Foi un
día moi especial!
20 dic 2018
O castiñeiro do Apalpador
Cal é a orixe do Apalpador?
Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos?
Todo isto o descubrimos neste fermoso libro e na adaptación dramatizada que realizaron as nenas e nenos de 6º curso, xunto coa súa titora Rita Lamas.
NO VÍDEO PODEMOS VER A ACTUACIÓN
19 dic 2018
O Apalpador e o arco da vella
18 dic 2018
AMBIENTAMOS O NOSO NADAL
Esta semana remata o primeiro trimestre e xa temos a ambientación de Nadal casi rematada.
No seguinte vídeo podemos ver o Belén de Infantil e de Primaria, ás árbores de Nadal, as tarxetas de felicitacións...
A comunidade educativa do colexio quere desexar un
BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2019
16 dic 2018
Concerto na Igrexa de Celeiro
O coro do colexio foi invitado a cantar na Igrexa Parroquial de Celeiro o domingo, 16 de decembro. Cantaron para as familias e veciños un programa cheo de vilancicos, panxoliñas e cancións e Nadal.
Difrutaron moito e foron moi aplaudidos polo numeroso público que asistiu a este pequeno concerto.
14 dic 2018
Actividades especiais do colexio
O coro do colexio participou na tarde de onte no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de Viveiro, tamén donamos lotes de tarxetas de Nadal feitas polo noso alumnado.
Foi unha tarde entrañable en familia; as nenas e nenos cantaron para os residentes que os escoitaron con moita atención e foron moi aplaudidos.
Tamén queremos publicar o vídeo da panxoliña inédita deste Nadal "Alo no Portal", con imaxes relacionadas coa ambientación do colexio. Con este vídeo participamos no concurso da CRTVG "A Canción do Nadal 2018".
12 dic 2018
4 dic 2018
Preparando o Festival de Nadal no colexio
Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal
que celebraremos todo xuntos o venres, 21 de decembro; estará cheo de
panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do
alumnado de 6º de Infantil.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)