Vistas de página en total

27 dic 2022

RESUMO DO FESTIVAL DE NADAL

 Hoxe deixamos dous vídeos do Festival que realizamos o último día antes das vacacións, para que o podades disfrutar, xunto con boas lecturas, neste tempo de lecer.


 

23 dic 2022

FESTA DE NADAL

E chegamos ao último día do trimestre, un día moi esperado pois estivemos preparando o gran festival de Nadal:

  • Cada titoría preparou un conto, unhas cancións, bailes... para presentar no festival.
  • Este ano o alumnado de 6º curso, xunto coa súa titora Miriam, levou a cabo toda a organización do mesmo: dirección, atrezo, son, gravación, escenografía; encargados do telón, da taquilla, acomodadores... é dicir todos os cometidos necesarios para que todo estivese en perfecta coordinación. Fixéronno moi ben e resultou un festival moi entretido no que todas e todos pasámolo estupendamente!
  • Tamén fixemos a entrega de premios do concurso de decoración de portas. Os gañadores foron as nenas e nenos de 1º de Primaria da mestra Laura. Noraboa polo traballo ben feito!
  • No Instagram do colexio podedes ver anacos das diferentes actuacións

Deixamos uns vídeos gravados antes do festival:

  • A dramatización do conto "Sopa verde" realizado na aula de 6º de Infantil do mestre Daniel.
  • A canción "Rudolph" preparada polo alumnado de 6º de Primaria nas especialidades de Educación Física, Educación Musical e Lingua Inglesa.


21 dic 2022

CHEGOU O APALPADOR E ACTUACIÓN DE PAKOLAS

As actividades que presentamos a continuación foron patrocinadas

pola ANPA do colexio.

MOITAS GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN

Na mañá do martes, 20 de decembro, chegou O Apalpador  ao noso colexio e veu cargadiño de agasallos para todas as aulas de Infantil, Primaria e Especialidades.

No seguinte vídeo podemos ver o seu paso.

Premede na imaxe:


Tamén poidemos participar no concerto que nos deu PAKOLAS. Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben. 

No seguinte vídeo podemos ver un pequenos resumo da súa actuación.

Premede na imaxe:

15 dic 2022

XA CHEGOU O NADAL AO COLEXIO!

Xa estamos rematando o 1º trimestre e no colexio comezamos cos preparativos e actividades de NADAL.

Rematamos a decoración das portas das aulas e coas imaxes fixemos o seguinte vídeo, a modo de  POSTAL de NADAL, para felicitar e  desexar a toda a comunidade educativa un BO NADAL e FELIZ ANINOVO.


 Participamos no Mercadillo Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI  elaborando manualidades e cantando para os residentes e visitantes. Deixamos aquí uns  anacos  da actuación.


 

 

14 dic 2022

XORNADA DE CONVIVENCIA

 

Hoxe estiveron no colexio os usuarios da Residencia DOMUS VI de Viveiro para contar, ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, o conto: A CASTAÑA MÁXICA. 

Foi unha xornada de convivencia moi especial e dámoslles as gracias pola súa visita. 

Mañá farán un Mercadillo Solidario na propia Residencia e o alumnado de 5º e 6º de Primaria cantarán para os usuarios e para os visitantes. Tamén participamos realizando manualidades para vender no Mercadillo Solidario.

 


 

 

 

9 dic 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Agora que se achegan as datas do Nadal e os nenos e nenas terán que escribir as súas cartas para Papá  Noél e  SS.MM. Os Reis Magos, é un bo momento para incluír un libro nas peticións. Desde este blogue  poderedes atopar recomendacións para axudar  a realizar as súas misivas.